Continúan chegando propostas para o certame 'Unha imaxe para o galego'.
Carlos envíanos esta fotografía que titula “Pegada na area”. Canda ela acompaña o seguinte texto: “Se non lles falamos galego aos meniños, a nosa lingua será tan fráxil como unha pegada na area”.
Seguimos buscando fotos e vídeos que retraten a transmisión dese patrimonio inmaterial que é a lingua. Consulta aquí as bases e os traballos que xa están chegando. E non o esquezas: Ti es a (re)cámara do idioma.