Dentro do BCSTX, ciclo organizado polo Mercat de les Flors para potenciar novos talentos.
Arder nun hotel é o título do primeiro espectáculo profesional creado e interpretado pola compostelá Uxía P. Vaello, estreado na Praza das Praterías o 23 de xuño de 2007. Formada en Compostela e Lisboa, Uxía Vaello compaxina a docencia coa danza profesional e na actualidade forma parte da compañía A Mercé das Cirkunstanzias. Na mesma sesión poderase ver o espectáculo da murciana Dory Sánchez, Quien esté libre de pecado, que levante la pata.
Arder nun hotel, de Uxía P. Vaello
23 e 24 de maio de 2008, ás 21h
Teatre Tantarantana
c/ Les Flors, 22 – 08001 Barcelona
Prezo: 8 euros