Gañoulle en Lugo ao Ciudad de La Laguna. O Rosalía perdeu, mais fíxolle sufrir ao Bruesa até o último segundo.
Breogán, Bruesa, Alicante e Lleida asinaron os seus triunfos no primeiro partido dos play-off polo ascenso á ACB. O outro equipo galego que loitaba por poder estar entre os mellores, o Beirasar Rosalía, perdeu no último cuarto mais facendo gala dun xogo excepcional e facéndolle sufrir ao Bruesa até o último minuto. Os composteláns demostraron os seus bos argumentos ofensivos, mais no último período o descansado banco dos vascos axudoulles a se apuntar a vitoria (73-67).
Polo seu lado, o Leite Río Breogán non defraudou ante o Ciudad de La Laguna, asinando máis unha vez unha das súas actuacións características baseadas no control do ritmo do partido, ataques ordenados, selectivos, e unha defensa sólida, artellada con anterioridade, e moi pensada. Os lugueses conseguiron unha vantaxe abonda co marcador canario, que souberon administrar no segundo cuarto, conseguindo gañar o primeiro partido da serie. Agora poden viaxar a Canarias cun bocado de tranquilidade.