Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xira do presidente por Arxentina e Brasil

Os fondos foron "públicos", a viaxe foi "política", acusa Feijoo a Touriño

O presidente da Xunta retruca que a súa viaxe foi "profundamente institucional e respectuosa".

Redacción - 09:00 21/05/2008

"Só convidou a cargos socialistas", argumentaba esta terza feira o líder do PpdeG, Alberto Núñez Feijoo, para criticar que a viaxe por Suramérica do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, fora un exemplo de uso de fondos públicos "para unha visita de contido político".

Feijoo asegurou que nun cartaz onde se anunciaba o acto supostamente institucional que o presidente do Goberno celebrou en Bos Aires coincidindo co Día das Letras, podía verse unha imaxe do presidente do executivo español, José Luís Rodríguez Zapatero, e mais un logotipo do PSOE. O PpdeG xa advertiu de que pedirá explicacións polo miúdo no Parlamento.

Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño rexeitou as críticas dos populares e afirmou o carácter exclusivamente "institucional" do seu percorrido por Arxentina e Brasil. Ao fío, insistiu en que asistiu a todos os actos convocados "como presidente de Galiza", ironizando sobre as peculiaridades das viaxes do anterior presidente, Manuel Fraga.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: