Un 13% dos cidadáns da bautizada como "locomotora" europea son "estatisticamente" pobres, cifra que se dobraría no caso de suprimir a rede de axudas sociais do país.
O informe feito público por Olaf Schulz, ministro de Traballo e membro da beira socialdemócrata do goberno alemán (SPD), indica que a fenda entre ricos e pobres é cada vez maior en Alemaña. "Aumentaron os ingresos dos ricos e descenderon os da xente dos niveis máis baixos, mentres se estaca o sector medio", explicou,
Referíndose ao estudo como un texto "cheo de luces e sombras", recoñeceu nunha entrevista publicada o domingo no Bild am Sonntag que o 13% da poboación é pobre, xa que ingresa cada mes menos do 60% da media de ingresos do conxunto da poboación. Con todo, salientou que de non ser polo tecido do goberno en canto a prestacións sociais, esa cifra dobraríase. "Se non tiveramos transferencias sociais para os casos de axuda ao desemprego crónico, acceso a vivenda e familias, a porcentaxe chimparía ao 26%", agoirou.