A fundación anima a facer enquisas sobre o navegador de código aberto, a poucas semanas da chegada da nova versión.
A versión 3.0 do navegador Firefox, prevista para mediados de xuño, está cada vez máis preto. Acábase de publicar a primeira versión candidata, e a Fundación Mozilla xa está a preparar diversas actividades para recibir o novo software como merece.
Ademais de festas que se van organizar por todo o mundo, Mozilla convoca unha campaña de promoción e, ao tempo, de enquisas na rúa para coñecer a opinión de xente de todo o mundo sobre o navegador. Mozilla on the street (Mozilla na rúa) pide a colaboración de persoas que, cunha cámara de vídeo e un feixe de follas de autorización para os entrevistados, fagan unha enquisa a pé de rúa.
Propóñense dez preguntas, que inclúen asuntos como se escoitaron falar de Firefox e de Mozilla, se o usan e dende cando o fan, e se lles propuxeron a outras persoas cambiar. Como exemplo, poñen unha enquisa feita polo blog Rocketboom xa en 2005: