O vicepresidente catalán critica o que cualifica de "imperialismo doméstico" do Estado español sobre o portugués.
"Unha Cataluña independente na fachada mediterránea podería ser o contrapeso lóxico ao centralismo español", declarou o vicepresidente do goberno catalán para a Agência Lusa. Segundo Carod Rovira, Portugal debe percibir que a independencia de Cataluña non ten nada que ver co debate da rexionalización.
Por outra banda, Carod falou de "imperialismo doméstico" do Estado español sobre portugués, onde opinou que historicamente existe "un certo complexo por parte dalgúns sectores dirixentes en relación a España".