Na sección de opinión de Vieiros podes ler o texto gañador, 'A bendita intrascendendia do pop', de Xesús Fraga e o finalista, 'Carta dun trífido esquizoide', de Kiko Novoa
O traballo “A bendita intrascendendia do pop” serviulle ao xornalista Xesús Fraga para impoñerse no IV Premio de Artigos Normalizadores que convoca o Concello de Carballo e levar o galardón de mil euros. O segundo premio, dotado con 350 euros, recaeu no tamén xornalista Kiko Novoa.
O artigo de Fraga analiza a importancia para a normalización das novas tendencias musicais. Pola súa parte, o traballo de Novoa “Carta dun trífido esquizoide” destaca a modernidade, necesidade e practicidade do noso idioma, nunha comparativa co caso sueco e “cunha destacada literaria con tintes rupturistas”.
Xesús Fraga é redactor de La Voz de Galicia. Como escritor ten publicados tres libros: Tute para catro (Xerais, 2000), A-Z (Xerais, 2003) e Solimán (Xerais, 2004). Kiko Novoa (Culleredo, 1973) é xornalista en Radio Voz Bergantiños.