Nesta fin de semana hónrase as Letras en Galiza. Precisamente, dende esta fin de semana e até medidados de xuño en Vieiros imos estar buscando Unha imaxe para o galego. Un ano máis buscamos fotos e vídeos que retraten o noso tesouro máis prezado como pobo: o idioma. Nesta edición centrámonos na transmisión xeracional do idioma, ese nó que permite que a lingua perviva no tempo e á mesma vez sexa a nosa herdanza.
Este foi o vídeo gañador o pasado ano
Temos premios para os mellores traballos. Envía xa a túa proposta ao concurso
Unha imaxe para o galego. Estas son as bases:
A) FotografíaBuscamos a orixinalidade. As fotografías (.jpg, .png, .gif, tif) deberán ser apaisadas (1 Mb máximo) e poderán ser reencadradas lixeiramente para adaptalas ao tamaño de publicación. Quedan excluídos deseños e ilustracións. Cada foto virá acompañada do nome do autor ou autora, lugar de residencia, correo electrónico (ou teléfono) e un texto cun máximo de 250 caracteres que axuden a contextualizar a imaxe.
B)VídeoOs traballos deberán ter unha duración curta (recomendamos unha duración máxima de tres minutos). O autor ou autores poderán optar por enviar obras onde estea ou non presente a palabra. Formatos (mpg, avi, flv, mov...) a un tamaño de 320x240. A liberdade de creación é total. Ao igual que para a modalidade de fotografía pedímosvos orixinalidade e que procuredes esquecer os tópicos...Polo demais, só ficarán fóra de concurso aquelas creacións que poidan conter ofensas contra terceiros.
Tamén volverá haber premios (unha cámara fotográfica e unha videocámaral) para os traballos que escolla o xurado. Cada semana iremos subindo a portada unha escolma dos vídeos e fotos que chegan á redacción. Ide preparando os vosos traballos. Cando os teñades mandádeos axiña a vieiros@vieiros.com