Edwards, que competira con Clinton e co propio Barack Obama no inicio das primarias, aposta polo senador de Illinois para a candidatura demócrata.
"Hai un home que sabe como crear o cambio, que sabe que chegou o momento de crear un só Estados Unidos, e non dous", dixo John Edwards durante o acto no que anunciou o seu apoio, "e ese home é Barack Obama", subliñou.
O apoio de John Edwards, antigo senador por North Carolina e ex aspirante á candidatura do Partido Demócrata, supón un empurrón posiblemente definitivo para a vitoria de Obama fronte a Hillary Clinton. "Estou aquí porque os votantes demócratas xa elixiron, e eu tamén", dixo Edwards.
Poden ampliar en The New York Times.