Achado dun grupo de investigación compostelán en colaboración con investigadores canadenses.
A depresión reduce a produción e maduración de novas neuronas. A mingua está relacionada coa diminución dos niveis da proteína reelina, responsábel da plasticidade do cerebro.
A esta conclusión chegou o equipo de investigación Biofarma, da Universidade de Santiago, que traballa neste ámbito en colaboración cun equipo da Universidade de Saskatchewan.
O grupo galego, coordinado polo profesor Héctor Caruncho, detectou defectos nos modelos animais na xénese e desenvolvemento das novas e “escasas” neuronas. Como consecuencia destas alteracións na plasticidade do hipocampo, os afectados pola doenza "padecen unha redución das súas capacidades de adaptación ao contorno", afirman.