Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Fútbol

Portugal xa ten lista

Scolari dá a coñecer os 23 xogadores convocados que disputarán a Eurocopa. Jorge Ribeiro e Hélder Postiga, novidades; Maniche, fóra.

Redacción - 13:30 13/05/2008

Jorge Ribeiro e Hélder Postiga son as principais novidade da lista de 23 xogadores convocados polo seleccionador nacional de Portugal, Luís Felipe Scolari, para disputar a Eurocopa de fútbol no mes de xuño.

Entre as ausencias salienta a de Maniche, un dos máis usados polo adestrador brasileiro. Tamén fica fóra, Marco Caneira. Scolari, que fixo o anuncio este luns no Solar do Dão, en Viseu, evitou dar explicacións sobre a saída destes da convocatoria.

Cuestionado sobre as súas expectativas de cara ao torneo que terá lugar en Austria e Suíza, o seleccionador sinalou que tiña "a mesma que en 2004". "Ter un bo equipo, competitivo, que saiba representar o país dignamente e o mellor posíbel, con toda a dedicación e respectando os adversarios".

Lista de convocados:
Porteiros
Quim (Benfica)
Ricardo (Betis)
Rui Patrício (Sporting)

Defensas
Bosingwa (Porto)
Pepe (Real Madrid)
Ricardo Carvalho (Chelsea)
Paulo Ferreira (Chelsea)
Miguel (Valencia)
Bruno Alves (Porto)
Fernando Meira (Estugarda)
Jorge Ribeiro (Boavista)

Medios
Deco (Barcelona)
Petit (Benfica)
Raul Meireles (Porto)
Miguel Veloso (Sporting)
João Moutinho (Sporting)

Dianteiros
Cristiano Ronaldo (Manchester United)
Nani (Manchester United)
Simão Sabrosa (Atlético de Madrid)
Ricardo Quaresma (Porto)
Nuno Gomes (Benfica)
Hugo Almeida (Werder Bremen)
Hélder Postiga (Panathinaikos)


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: