Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Máis críticas á xestión de Baltar

Denuncia das "prazas a medida" na Deputación de Ourense

O PSdeG pide a paralización de todos os procesos de selección de persoal por seren "de dubidosa legalidade e transparencia".

Redacción - 09:00 13/05/2008

Desde o grupo do PSOE na Deputación de Ourense, explicaban este luns que despois de faceren un seguimento de varios procesos selectivos de persoal a través de diferentes probas na Deputación Provincial de Ourense, atoparan algunhas irregularidades.

"Casualmente en todas e cada unha destas probas ao realizarse o primeiro exame coincide que o número de aprobados no mesmo é sempre o mesmo que o número de prazas convocadas", apuntan."Tamén puidemos ver que sempre hai unha persoa que destaca cunha nota moi elevada, mentres as demais están puntuadas cun cero ou unha nota moi próxima a cero", indican.

Sinalan ao respecto que moitas das persoas puntuadas coa mínima nota son traballadores en activo da Deputación por medio de contratos encadeados. Ao fío, especulan coa posibilidade de que se estea "utilizando traballadores afíns para que se presenten a oposicións e así poder xustificar que se lles dea a praza a unhas determinadas persoas".

"O feito denunciado días atrás de que un ano máis se lle está “preparando” unha praza á medida á parella do portavoz do PP de Carballiño non é un feito illado como podemos comprobar noutra media ducia de procesos similares que se están facendo públicos estes días", láiase tamén Carlos Alberto Montes, deputado provincial do PSOE. Por este motivo, Montes presentou esta semana unha moción onde se solicita a paralización de todos os procesos de selección, "por mostraren, cando menos, dúbidas sobre a limpeza e transparencia dos mesmos". Así, os socialistas piden que se revisen todos estes procesos por unha comisión "na que teñan presencia todos os partidos políticos e os principais sindicatos con implantación na provincia".


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: