Con motivo do Día das Letras, a asociación de veciños da Cidade Vella da Coruña organiza cada ano a Festa da Cultura. Aquí podemos ver unha mostra do cortexo cívico do pasado ano.
A Festa da Cultura comezou na praza de María Pita coa lectura do manifesto da asociación de veciños e coa interpretación, en clave de jazz, da xa tradicional Alborada da Veiga, por parte da Mr. Dixie Jazz Band.