Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Esta segunda feira

Antonio López abandona o Celta

Vaise o terceiro adestrador que tiveron os celestes nunha soa tempada. Queda a cargo do equipo Alejandro Menéndez, adestrador, até o de agora, do Celta B.

Redacción - 10:36 12/05/2008
Antonio López, cando era presentado como novo adestrador do Celta

Antonio López, cando era presentado como novo adestrador do Celta

Esta segunda feira de mañá o Real Club Celta de Vigo anunciou que o seu, até o de agora, adestrador, Antonio López vai presentar a súa dimisión irrevogábel.

A partir de agora vaise facer cargo do equipo o adestrador do Celta B, que milita en Segunda B, Alejandro Menéndez. Menéndez vai ser o cuarto adestrador dos vigueses esta tempada, despois de Hristo Stoichkov, López Caro e Antonio López.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: