Creouse en presenza dos representantes de todas as institucións e administracións que o integran, e xa mantivo a súa primeira xuntanza de traballo.
O Comité Asesor da Habitabilidade, que ha velar pola correcta aplicación das 'Normas do Hábitat Galego' (NHG), ficou esta sexta feira formalmente constituído coa presenza das dez persoas que o integran.
Está presidido pola secretaria xeral da Consellaría de Vivenda e Solo, Rosa Losada, e integrado pola directora xeral de Fomento e Calidade na Vivenda, Encarna Otero, e outros tres representantes deste departamento. Tamén teñen representación a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que nomeou para o cargo ao seu presidente, Carlos Fernández; a Federación de Promotores de Galicia, representada no seu presidente, Javier Garrido; o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, con Graciela Campos; e o Colexio de Arquitectos de Galiza (COAG), que representa o arquitecto José Angel Hermo. Completa a listxe Xavier Rivas, arquitecto nomeado a proposta de la Consellaría.
Unha primeira xuntanza de traballo
Despois de se formar, o comité mantivo a súa primeira xuntanza de traballo nun clima, segundo valoracións de Vivenda, de colaboración e de participación, algo que ven necesario para a mellor interpretación e aplicación dunha normativa que pretende mellorar a calidade de todas as vivendas que se constrúan en Galiza.
Dende agora o chamado Comité Asesor de Habitabilidade ha emitir os seus informes, ditames ou os seus criterios de interpretación das NHG, por iniciativa propia ou por requerimento dos concellos, e, en xeral, vai face un seguimento da correcta aplicación desta nova normativa.