Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Datos de 2007

'As vacacións de Mr. Bean', o filme europeo máis visto na UE

Segundo os datos achegados polo Observatorio Audiovisual dezaoito das películas máis vistas eran estadounidenses.

Redacción - 11:00 25/05/2008
'As vacacións ...' vendeu 15,25 millóns de entradas

'As vacacións ...' vendeu 15,25 millóns de entradas

As vacacións de Mr. Bean, con máis de 15,25 millóns de entradas vendidas, foi a película europea máis vista na UE en 2007, segundo os datos do Observatorio Audiovisual Europeo.

Séguenlle as francesas La Môme, con máis de 7,2 millóns de entradas e Taxi 4, con 5,3 millóns, mentres que en cuarta posición está a coprodución franco-británica Hot Fuzz, con 4,8 millóns. O quinto posto ocúpao a española El orfanato, con 4,2 millóns.

Segundo o Observatorio Audiovisual Europeo a produción de películas europeas rexistrou un lixeiro incremento até chegar aos 921 longametraxes, impulsada sobre todo polo aumento da actividade nos estados español e francés.

919 millóns de entradas vendidas
Dezaoito das películas máis vistas na Unión Europea eran estadounidenses e só As vacacións de Mr. Bean e La Môme lograron colocarse entre os filmes máis vistos.

Ademais, o Observatorio salientou que durante 2007 a asistencia ás salas na UE reduciuse un 1,3% con 919 millóns de entradas vendidas, aínda que o cinema europeo recuperou parte da cota de mercado, que se situou no 28,8%.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: