Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
COMUNICADO

ETA anuncia que non aceptará unha reforma estatutaria

Acusa ao PSOE e PNV de intentar un novo pacto autonómico para “desactivar a loita pola independencia”.

Redacción - 10:30 09/05/2008

ETA fixo público un comunicado no diario Gara no que se responsabiliza dos últimos atentados de marzo e abril. Mais no mesmo, aproveita para acusar ao PSOE e ao PNV de estar a negociar unha reforma estatutaria á vez que cualifican de “fraude” calquera solución política para Euskadi que non recoñeza o dereito de autodeterminación.

No mesmo comunicado, acusan aos nacionalistas vascos de coincidir na estratexia co PSOE, coa fin de “aniquilar a esquerda abertzale, desactivar a loita pola independencia e impoñer un novo ciclo autonómico español a Euskal Herria”.



5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: