Os triunfadores da rolda foron todos equipos portugueses (Liberty Seguros e LA Aluminios-MSS), mais cun corredor navarro (Pablo Urtasun) e un aragonés (Ángel Vicioso) como protagonistas.
Gonzalo Rabuñal acabou sexto na xeral da Volta a Asturias, na que foi até o momento a súa mellor actuación no campo profesional. O seu equipo, o Karpin Galicia, cubriu outro capítulo notable no calendario de competición 2008.
A rolda asturiana pechouse con triunfos portugueses dos equipos Liberty Seguros e LA Aluminios-MSS, protagonizados polo navarro Pablo Urtasun, gañador da última etapa, e o aragonés Ángel Vicioso, que se levou a xeral.
O equipo apoia a Rabuñal
Na última etapa, o equipo profesional galego apoiou a Rabuñal, situándose á fronte do pelotón para terminar cos apuros que tivera o de Arteixo na saída, ao quedar cortado por outros corredores. Rabuñal cruzou a meta na undécima praza, o que lle permitiu manter na xeral a sexta posición, moi meritoria, tendo en conta que foi conquistada na etapa raíña, con final no alto do Acebo, e que lle abre expectativas deportivas máis amplas.
Ezequiel Mosquera acabou décimo cuarto e David García décimo sexto, ratificando a destacada actuación do KGZ, que finalmente terminou oitavo na clasificación xeral por equipos.