Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segue a loita no Partido Demócrata

Obama e Clinton obteñen cadansúa vitoria

O claro triunfo de Obama en Carolina do Norte fronte á estreita marxe de Clinton en Indiana, póñeno na mellor posición para gañar a disputa.

Redacción - 09:00 07/05/2008

"Esta noite quedamos a menos de 200 delegados para gañar a candidatura demócrata á presidencia dos Estados Unidos", afirmaba Barack Obama no seu discurso despois de coñecerse a súa vitoria en Carolina do Norte por unha marxe de case catorce puntos sobre Hillary Clinton. A candidatura vaina obter o candidato que chegue á suma dos 2025 delegados.

En teoría, Clinton xa non tería ao alcance o número de delegados necesarios, xa que tan só queda por votar media ducia de estados nestas primarias, e en xogo están só 217 delegados, que con probabilidade quedarán repartidos de xeito parecido entre os dous candidatos. Deste xeito, a senadora precisaría do decisivo apoio dos chamados "superdelegados" a nivel de partido, ou precisaría de que se acepte a súa reclamación para que se inclúan no reconto os apoios que obtivo en Florida e Michigan, onde se anulara a xornada por ser convocada fora da data estabelecida polo Partido Demócrata.

Para ampliar:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: