O escritor falará na Universitat de Barcelona de Xosé María Álvarez Blázquez, o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
No mes das Letras Galegas, as actividades na Universitat de Barcelona contan cunha conferencia de Xosé María Álvarez Cáccamo sobre o escritor galeguista Xosé María Álvarez Blázquez e cunha exposición bibliográfica da obra deste autor homenaxeado na biblioteca da universidade.
Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950), ensaísta, especialista en literatura galega e un dos poetas de maior proxección da poesía galega actual, é tamén fillo do escritor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. Vén de publicar Tempo do pai (2008) e Vento de sal (2008). Parte da súa obra poética foi traducida ao catalán.
Conferencia de Xosé María Álvarez Cáccamo:
Xosé María Álvarez Blázquez. A vida nos poemas
Venres, 9 de maio de 2008 ás 19:30
Edificio Histórico, Aula 108
Exposición bibliográfica:
Xosé María Álvarez Blázquez e a resistencia cultural
Do 8 ao 22 de maio de 2008
Edificio Histórico, Vitrinas da Biblioteca General
Universidade de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585- 08007 Barcelona
Organiza: Filologies Gallega i Portuguesa
Colaboran:
Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia
Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya
Rede.cat