Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DECÁLOGO DE MEDIDAS PRIORITARIAS

O audiovisual pídelle á Xunta unha 'política única' para o sector

Empresas e profesionais solicita así mesmo que a TVG que cumpra a Lei do 5% e que poña en marcha a segunda canle.

Redacción - 18:05 05/05/2008

Asociacións empresariais como AEGA e EGANET, de produtoras (AGAPI), de guionistas (AGAG), de actores (AAAG), de técnicos (ATEGA), de directores (CREA), e de dobradores (APRADOGA). Un total de oito entidades que representan a todo o sector audiovisual galego e que por vez primeira acordaron redactar un decálogo de prioridades para o sector. Este luns fixéronlle entrega a Emilio Pérez Touriño das súas reivindicacións, encabezadas pola necesidade de que a Xunta actúe coordinadamente neste eido, "para evitar a paralización do sector por mor de criterios contrapostos dentro da administración".

Ademais, reclámase a participación vinculante do sector audiovisual galego nos órganos de dirección das entidades xestoras da política audiovisual galega e esiximos un organismo único que garanta o cumprimento das reivindicacións do sector. Así mesmo, reclámaselle á TVG que cumpra coa Lei do 5% que lle obriga a investir esa porcentaxe dos seus ingresos. Tamén se solicita o incremento do esforzo inversor da Televisión de Galicia nos formatos contratados ás produtoras independentes.

Entre as restantes demandas do sector destaca reclamación de "urxentes medidas con dotación orzamentaria específica para que as obras audiovisuais galegas atopen a distribución e a promoción necesarias para facerse visíbeis e rendíbeis". Ademais, no decálogo figura a petición de que aumenten os orzamentos destinadas á industria audiovisual, a posta en marcha da segunda canle da TVG, e a inclusión da materia audiovisual no ensino obrigatorio.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: