Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Segue a poderosa tempada do Karpin Galicia

A contrarreloxo deixa a David García no duodécimo posto da Volta a Asturias

O marinense foi o mellor corredor do equipo ciclista profesional galego. Mosquera acabou décimo sétimo, repoñéndose á súa caída da primeira etapa.

Redacción - 11:02 05/05/2008
Imaxe da primeira etapa da 'Vuelta a Asturias'

Imaxe da primeira etapa da 'Vuelta a Asturias'

David García terminou ocupando a duodécima posición na clasificación xeral da rolda asturiana, após o dobre sector da súa segunda xornada. Até o de agora o de Marín é o corredor do KGZ mellor clasificado da 'Vuelta a Asturias'. Mais tamén está Ezequiel Mosquera, que, repoñéndose das secuelas dunha caída experimentada na primeira etapa, conseguiu terminar décimo sétimo na xeral, agardando polo alto do Acebo, que chega a vindeira terza feira e que lle pode dar unha nova oportunidade de rubir varios postos.

Na segunda xornada da 'Vuelta a Asturias' destacaron tres corredores: Garzelli, do Acqua & Sapone, que gañou ao sprint o sector matinal; Samuel Sánchez, do Euskaltel-Euskadi, que se adxudicou a contrarreloxo da tarde, correndo na casa; e Vicioso do LA Aluminios-MSS, que perdeu o liderado no sector en liña, mais recuperouno na contrarreloxo.

Os mellores do KGZ e os mellores do país
Os mellores tempos para o Karpin Galicia marcáronos Vladimir Isaychev e Gonzalo Rabuñal. O corredor ruso, décimo cuarto a 51 segundos do vencedor, deixou entrever o seu potencial de rodador; e Gonzalo Rabuñal foi vixésimo a un minuto, mantendo a liña ascendente das últimas competicións. O redondelán Enrique Salgueiro (Extremadura) marcou tamén outro dos bos rexistros da xornada, a 48 segundos de Samuel Sánchez, que o deixaron un posto por diante de Isaychev.

A terceira etapa, a desta segunda feira, vai de Llanes a Avilés e ten un percorrido de 168,2 quilómetros e un perfil sen grandes dificultades.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: