Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Retira a oferta de compra

Microsoft desiste no asalto a Yahoo

A imposibilidade de acordo sobre o prezo de venda, chegaron a ofrecer case 31 mil millóns de euros, fai que Microsoft retire a oferta.

Redacción - 10:30 04/05/2008

"Logo dunha coidadosa consideración, cremos que os cartos solicitados por Yahoo non teñen sentido para nós, e o mellor para os accionistas de Microsoft, empregados e outros accionistas, é retirar a nosa proposta", explica a carta coa que o presidente de Microsoft, Steve Ballmer, lle anuncia formalmente a retirada da oferta ao seu homólogo en Yahoo, Jerry Yang.

Ballmer revelou que a última oferta por Yahoo, case 31 mil millóns de euros ou 21 euros por acción, case 3.200 millóns por riba da anterior poxa, foi tamén rexeitada por Yahoo. Así, a compañía de Yang puxo na mesa a esixencia de algo máis de 34 mil millóns de euros ou 24 euros por acción, cantidades ás que Microsoft di non estar disposta a chegar.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: