O secretario xeral do PPdeG acusa á Secretaría Xeral de Análise e Proxección de manipular os estudos sobre a opinión da cidadanía.
A reacción do PPdeG á última enquisa publicada pola Xunta sobre o clima social de Galiza non se fixo esperar. O secretario xeral da formación conservadora considera que a Secretaría Xeral de Análise e Proxección, que dirixe Xosé Manuel Rivera Otero, se dedica a “fabricar un estudo de opinión para que estea contento Touriño”.
Rueda asegura que o presidente malgastou máis de sete millóns de euros en tres anos nesta secretaría. O secretario xeral dos conservadores considera que é un despropósito estas partidas para uns estudos que dixo que “están debidamente manipulados” e que son unha fraude para a cidadanía.