Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OUTROS CENTROS HOSPITALARIOS DE GALICIA E DO ESTADO ESTÁN TAMÉN INTERESADOS

Unha empresa luguesa crea un sistema para que os nenos hospitalizados non perdan clases

Un hospital vigués será o seguinte en utilizar o material multimedia, despois de que estea xa a utilizarse no Xeral de Lugo

Redacción - 11:56 02/05/2008

Pexego Sistemas Informáticos, unha empresa lucense do sector das tecnoloxías da información e a comunicación especializada en teleformación e composta por un equipo multidisciplinar de pedagogos, informáticos e deseñadores gráficos, creou un programa multimedia con contidos educativos para que alumnos de Educación Primaria ou os dous primeiros cursos de Secundaria que non poden asistir a clase non perdan o seu ritmo de estudos.

O proxecto, que se realizou coa colaboración de Fujitsu España e a Universidade de Santiago de Compostela, xa se está a utilizar no hospital Xeral de Lugo e próximamente os nenos do Xeral Cíes de Vigo tamén poderán dispor deste material educativo. Outros centros galegos e estatais manifestaron tamén o seu interese por poder contar con este servizo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: