O xornalista Sami al-Hajj foi detido a finais de 2001 na fronteira entre Afganistán e Paquistán e permaneceu detido sen ningún tipo de xuízo.
A cadea de televisión Al-Iasira anunciou este venres que un seu traballador, o cámara sudanés Sami al-Hajj, foi liberado do campo de Guantánamo, onde estivo preso seis anos sen ningún tipo de xuízo.
O xornalista foi detido a finais de 2001 na fronteira entre Afganistán e Paquistán cando estaba a facer unha reportaxe. Os militares de EUA acusárono de “financiar terroristas” e trasladárono a Guantánomo. Ao igual que os demais presos, al-Hajj denunciou torturas durante a detención.
Poden ampliar aquí a información