Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE XOVES

Londres escolle alcalde: 'Red Ken' vs. 'Boris Back'

As enquisas amosan unha pequena vantaxe en favor do conservador Boris Johnson, que podería remudar a Livingston despois dunha década.

Redacción - 12:26 01/05/2008

As últimas enquisas, publicadas este mércores, outórganlle ao candidato conservador Boris Johnson un 39% dos votos, fronte a un 36% que apoiaría ao laborista Ken Livingston. Xa que logo, se ningún dos dous obtén a maioría absoluta, oa decisión estaría nas mans dos votantes do candidato liberal-demócrata, Brian Paddick, ex policía e gay, e que roza o vinte por cento nas sondaxes. Isto é así debido ao complexo sistema electoral, no que os cidadáns deben marcar unha primeira e unha segunda opción, que se suma á dos candidatos con máis posibilidades.

O vermello Ken leva case unha década gobernando Londres cunha política moi persoal, e malia a ser un candidato tremendamente popular entre os londinenses, semella que nesta ocasión atopou un rival á súa altura. Boris Johnson, que emprega como lema de campaña Boris Back, parte como favorito, despois dunha campaña imaxinativa na que puxo sobre a mesa toda a habilidade política e mediática que no pasado lle serviu para superar numerosos escándalos e enfrontamentos.

A participación pode ser a clave, aínda que non se espera que supere o corenta por cento (no 2000 foi do 33% e no 2004 do 36%), malia ao igualado da desputa. Tamén hai eleccións noutros 159 concellos de Inglaterra e Gales. Os conservadores aspiran a gañar con claridade, aínda que parece improbábel que se produzan grandes cambios con respecto aos comicios de 2004, nas que os laboristas tiveron uns resultados moi pobres, en plena resaca da guerra do Iraq.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: