Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FILOLOXÍA

A vaca: máis de 1.100 palabras entre os cornos e o rabo

Esta semana presentouse na USC a tese “O léxico da vaca: nomes baseados no físico”, unha ollada sobre o universo lingüístico que rodea a este mamífero.

Redacción - 12:30 30/04/2008

Un animal case totémico no noso país como é a vaca creou ao seu redor un universo de palabras. Isto vén de demostrase esta mesma semana na Universidade de Santiago. Xosé Afonso Álvarez Pérez (Pontevedra, 1980) defendeu o martes na Facultade de Filoloxía a tese “O léxico da vaca: nomes baseados no físico”, dirixida polo profesor Manuel González.

O traballo, ademais de ofrecer a distribución xeográfica do léxico, analiza máis de 1.100 palabras empregadas en Galiza para designar as partes da vaca dende unha perspectiva morfolóxica, etimolóxica, de tratamento lexicográfico e literario.

Álvarez Pérez empregou como principal material o Atlas Lingüístico de Galicia recollido entre 1974 e 1977 e 216 enquisas realizadas en 1969 por alumnos de Constantino García, daquela profesor de Filoloxía Románica. O autor da tese sinala que a documentación existente é moi ampla, o que permitiu que non fose preciso un traballo de campo na actualidade.

O investigador destacou a inxente cantidade de léxico que vira arredor deste mamífero. Tamén subliña as designacións metafóricas que relacionan a realidade inmediata coas vacas. Así os cornos do animal tamén se relacionan con apeiros de labranza como forca, gadaña ou picaña.

Con respecto ao futuro, ao igual que outros moitos investigadores, Xosé Afonso Álvarez bota en falla máis posibilidades na universidade: “Agora hai que ver as posibilidades dun contrato posdoutoral e ir vendo o que vai pasando”.


3,11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: