Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INAUGURACIÓN DA MOSTRA '5 VISIÓNS DENDE OS 90'

Ferrol recupera a escultura galega dos noventa

O Centro Torrente Ballester acolle as obras de Caxigueiro, Díaz, Pazo, Valmaseda e De la Vega, herdeiros de 'Atlántica'.

Redacción - 11:23 25/04/2008

Os eloxios ao grupo Atlántica, o grupo de artistas plásticos e visuais que traballou a comezos dos oitenta con base en Vigo, son continuos, e de seguro aínda fican curtos. Máis do traballo que realizou esa xeración xurdiu no país un grupo de escultores rompedor e anovador, que creou un valioso conxunto de obras nos momentos finais da década e, sobre todo, nos anos noventa. Son, por exemplo, Daniel Caxigueiro, Alvaro de la Vega, María Xosé Díaz, Rosalía Pazo e Jesús Valmaseda, cuxas obras poderán ser vistas en Ferrol nos vindeiros meses.

A exposición 5 visións dende os noventa inaugúrase este venres no Centro Cultural Torrente Ballester, coa presenza dos cinco artistas e de Iolanda Díaz, concelleira de Cultura e primeira Tenente de alcalde da cidade. Díaz salientou que a aportación do traballo dos artistas participantes ao pulo da arte galega contemporánea e lembrou que "deixaron a súa pegada despois da Movida Atlántica".

A edil incidiu así mesmo na nova traxectoria da política cultural ferrolá, que se centra na posta en valor de complexos como o Torrente Ballester e na achega ao conxunto da cidadanía das actividades artísticas e escénicas. Froito desta aposta a constitúe a iniciativa Achegar a arte á cidadanía, que permitirá que os colectivos veciñais que así o soliciten poidan visitar de xeito organizado os espazos expositores e sexan instruídos por especialistas na materia.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: