Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Volta atrás na proposta

O PSdeG apoiará que os emigrantes voten nas municipais

Os socialistas prognostican que haberá acordo entre os tres grupos antes do mes de xullo. O BNG confía en forzar a restrición nos comicios locais.

Redacción - 09:15 25/04/2008
Comisión do voto exterior, o pasado 4 de xuño

Comisión do voto exterior, o pasado 4 de xuño

O PSdeG fixo pública á fin a súa proposta concreta para o voto emigrante. O documento propón garantir o voto en urna a través das oficinas consulares que, en palabras do deputado socialista Xaquín Fernández Leiceaga, deberán ter funcións similares "ás que teñen os concellos aquí". Os socialistas coinciden con PP e BNG en que este sistema debe utilizarse nas zonas onde haxa un mínimo de 500 emigrantes. No resto, defende instaurar un sistema de voto por correspondencia.

A principal novidade na proposta do PSdeG é que non introduce a posibilidade de limitar o dereito a sufraxio dos residentes no exterior, malia que nas últimas semanas admitiran que esa restrición podería admitirse para os comicios locais. Nese punto o BNG propón que só poidan exercer o sufraxio nos comicios locais os que acrediten a súa "residencia efectiva" no municipio. "Hai que garantir a existencia dun vínculo efectivo dos electores co municipio co obxectivo de evitar distorsións que danen a lexitimidade do propio sistema electoral", recolle a proposta dos nacionalistas. O voceiro do BNG na Cámara, Carlos Aymerich, di confiar na "vontade" dos grupos para avanzar nesta proposta.

Do mesmo xeito en que xa o propuxera o BNG, os socialistas tamén suxiren a reserva de locais nos consulados para a celebración de actos electorais. Tamén defenedn que os grupos políticos teñan dereito a un espazo gratuíto de propaganda nos medios de comunicación públicos que emitan no exterior.

Por outra parte, Xosé Manuel Castelao Bragaña, deputado do PPdeG, está a prol de "facer axustes" pero "tocando o menos posíbel" a actual normativa para g"arantir a reforma antes das próximas autonómicas de 2009".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: