Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os sirios rexeitan a denuncia

Os EUA acusan a Corea do Norte de darlle apoio nuclear a Siria

Un plan "oculto" que segundo os estadounidenses "non tiña fins pacíficos".

Redacción - 09:00 25/04/2008

Segundo fai público agora o goberno estadounidense, as instalacións onde se desenvolvía este proxecto foron bombardeadas xa o pasado mes de setembro por Israel, nun ataque aéreo do que non se deron explicacións en público.

Os EUA revelan agora datos reunidos pola súa axencia de espionaxe, a CIA, asegurando que Siria construía en secreto un reactor nuclear. Ademais, afirman ter probas de que persoas procedentes de Corea do Norte estiveron traballando dentro desta instalación.

En declaracións a Al Iasira, o embaixador sirio en Estados Unidos rexeitou esas acusacións e cualificou as declaracións da Casa Branca de "historia ridícula".

Máis na BBC e en Al Iasira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: