A dirección provincial oponse á marcha e o grupo local apoia a mobilización.
O secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra, Modesto Pose, mostrou o seu rexeitamento á manifestación contra a xestión do conselleiro de Medio, Manuel Vázquez, en relación ao traslado do complexo Ence-Elnosa, que en cambio si apoian os socialistas na capital de provincia.
A preguntas dos xornalistas, Pose asegurou que fai "profesión de fe" e mostrou a súa "plena" confianza en que a Xunta cumpra "en curto espazo de tempo" os seus compromisos relacionados co complexo industrial de Lourizán. Aínda que evitou afondar nas causas da súa decisión, contraria á anunciada onte polo Grupo Socialista no Concello de Pontevedra, afirmou que "non entendería que colocasen o conselleiro na diana das súas críticas". "Haberá noticias importantes antes de que conclúa a presente lexislatura", asegurou.