Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
O 24 DE ABRIL NO "GARIGOLO" DE SANTIAGO, O 25 NA CORUÑA E O 27 EN NARÓN

Humor galego-catalán que emigra a Galiza

O humorista Alberte Montes presenta en Santiago "Entonces... es así", que non despiste o título, o monólogo é en galego.

Redacción - 20:30 23/04/2008

O actor Alberte Montes é coñecido na parroquia barcelonesa como membro da Agrupación Teatral Furafollas e tamén polas súas colaboracións na radio en galego da capital catalá, entre outros moitos haberes, onde actualmente dirixe o programa "Aturuxos Bola Extra" de Ràdio Ciutat Vella.

Tamén se ten oído os últimos meses polos transistores composteláns, como colaborador por teléfono no espazo "El chispazo" de Radio Obradoiro, dirixido por Sandra Romero, canda Xosé Manuel Fernández, humorista gráfico e anterior director do espazo radiofónico galego de Ciutat Vella onde tamén colabora habitualmente dende Galiza.

O monólogo humorístico "Entonces... es así", que se presenta en Compostela, A Coruña e Narón, está dirixido por Alberte Montes e Xosé Manuel Fernández.

Monólogo "Entonces... es así", de Alberte Montes.

Xoves, 24 de abril, 22.30 h
Café-Teatro Garigolo
Praciña Algalia de Arriba 1 | Compostela

Venres, 25 de abril, 23:30 h
Bar La Oficina
Rúa Panaderas, 27 | A Coruña

Domingo, 27 de abril, 23.30 h
Cafetería Montpellier
Estrada de Castela, | Narón


Ligazóns

3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: