Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova lexislatura

Afondar no autogoberno e reformar a Lei electoral, "eixos" do BNG no Congreso

O voto en urna dos emigrantes e as competencias de Tráfico, Salvamento Marítimo, portos e aeroportos, así como do espazo radioeléctrico, principais obxectivos.

Redacción - 18:55 23/04/2008
Jorquera, durante a sesión de investidura de Zapatero

Jorquera, durante a sesión de investidura de Zapatero

"Unha das primeiras iniciativas" que o BNG levará ao Congreso será que os emigrantes voten en urna, anunciou Francisco Jorquera esta cuarta feira en Lugo. "Trátase de evitar calquera tipo de manipulación", e que a "votación para os residentes no exterior sexa homologábel aos do interior".

O portavoz do BNG no parlamento español sinalou a reforma da Lei electoral e o afondamento no autogoberno como os "eixos" sobre os que os nacionalistas basearán a súa acción política nesta nova lexislatura.

Neste senso, as principais reivindicacións son o traspaso a Galiza das competencias en materia de Tráfico e Seguridade Viaria, así como en Salvamento Marítimo e en portos e aeroportos. Tamén, solicitar a transferencia para xestionar o espazo radioeléctrico co obxectivo de que "non se abra unha grande fenda dixital entre a Galiza urbana e a Galiza rural".

Infraestruturas para Lugo
Francisco Jorquera, acompañado polo senador nacionalista, Xosé Manuel Pérez Bouza, e da cabeza de lista do BNG por Lugo nas pasadas eleccións xerais, Paz Abraira, presentou ademais algúns dos asuntos relativos á provincia de Lugo que tratarán nas Cortes.

Entre outros, aludiron á nova ponte sobre o río Miño ou á necesidade dun maior investimento para impulsar a chegada do TAV á capital ou as autovías a Ourense e a Compostela.


3,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: