Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Para combater a hexemonía da Wikipedia

A Enciclopedia Británica ábrese aos blogueiros

A partir de agora pódea consultar libremente quen publique regularmente na rede, mais con certo control.

Redacción - 19:20 23/04/2008

A Enciclopedia Británica é unha institución centenaria da cultura do Reino Unido que acostuma ser o exemplo perfecto que se pon cando alguén quere explicar de que xeito pode a rede estragar un negocio. A pesares da fama desta enciclopedia, cando apareceu na rede a Wikipedia e outras enciclopedias de libre acceso na rede, as vendas desta publicación foron caendo considerabelmente.

Maneiras de manter o negocio: evolucionar ou morrer
Naquela altura a Enciclopedia Británica subiuse á rede, mais só se podía consultar mediante subscrición, mais o número visitas que recibía non se podía comparar sequera coas que tiña a Wikipedia: por cada páxina da Británica consultada, consultábanse 184 da Wikipedia.

Mais agora, noutra estratexia de apertura ao mundo da Internet, a vella institución ábrese aos internautas. Agora pode consultala, de balde, todo aquel que publique na rede, todo aquel que teña unha web ou un blog que sexa actualizado regularmente.

Mais esta apertura ten un límite: só poden acceder ás centenarias páxinas de enciclopedia (e mesmo crear ligazóns, grazas ao programa Britannica Webshare) quen reúna as condicións debidas, que ademais estará sendo vixiado ou vixiada polos responsábeis da publicación, que se reservan o dereito de denegar o acceso a quen eles consideren.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: