Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
ELNOSA supón unha ameaza para a poboación

APDR ante escape de cloro en Gualba (Barcelona)

O Escape de cloro producido nas instalacións que a empresa Sociedad Española de Carburos Metálicos ten Gualba (Barcelona) evidencia o perigo que supoñen este tipo de instalacións situadas na proximidade de núcleos poboados. Os veciños tiveron que ser confinados nas súas vivendas para evitar que foran intoxicados por este elemento químico.

APDR - 23:40 22/04/2008

O cloro é un elemento altamente tóxico que en estado gasoso provoca fortes irritacións na pel, nos ollos e no sistema respiratorio, chegando a provocar graves lesións oculares, queimaduras inflamación de tecidos respiratorios e edema pulmonar.Este feito, acontecido en Cataluña, pon de manifesto o perigo que para os cidadáns de Pontevedra e a súa bisbarra supón a existencia de ELNOSA. Feitos como os acontecidos en Gualba, debería facer reflexionar ao Conselleiro de Medio Ambiente que nestes momentos podería estar disposto a concederlle a autorización ambiental integrada a ELNOSA, para que esta siga realizando a súa actividade contaminante na Ría de Pontevedra.No caso do complexo industrial ENCE-ELNOSA, hai que subliñar que non existe un plano de emerxencia coñecido pola cidadanía. Os cidadáns de Pontevedra descoñecen como terían que actuar si se producise un incidente do tipo do acontecido en Gualba ou outro de maiores dimensións.Fai uns días puidemos asistir a un grotesco simulacro de simulacro de emerxencia nas instalacións de ENCE. A todas luces tratouse dunha nova tomadura de pelo aos pontevedreses e pontevedresas.O Complexo ENCE-ELNOSA, non só contamina e arruína o posíbel desenvolvemento sostible da economía de Pontevedra e a súa bisbarra, senón que ademais é unha ameaza para a saúde e seguridade dos habitantes da bisbarra.Una vez máis, comprobando o dano que as empresas do Complexo de Lourizán causan e poden causar ao medio ambiente e á economía e á seguridade dos cidadáns, esiximos ao Conselleiro de Medio Ambiente que non conceda a estas empresas a preceptiva Autorización Ambiental Integrada para que poidan continuar coa súa actividade.Así mesmo, facemos un chamamento a todos os cidadáns de Pontevedra a participar na manifestación que terá lugar o vindeiro venres 25 de abril para esixir a saída de Lourizán do Complexo ENCE-ELNOSA.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: