Os dous olímpicos galegos soben até o máis alto do podio, após rubir posicións nunha soa tarde.
A segunda xornada da Semana Olímpica Francesa de vela foi redonda para o equipo formado polos dous regatistas galegos, a bordo do seu Clase Tornado. Echávarri e Paz conseguiron desfacerse, sumando puntos, dos seus principais rivais, ascendendo da terceira á primeira posición.
Tras disputar dúas probas, os bicampións mundiais e representantes de Galiza en Beixín 2008, posicionáronse como líderes na Clase Tornado, seguido dos holandeses Booth e Nieuwenhuis. A terceira praza é agora para os australianos Bundock e Ashby, seis veces campións do mundo e os principais rivais dos galegos nos Xogos Olímpicos.