Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Conseguen o ascenso a 1ª División

O Club Natación Coruña gaña a Copa de España

Púxose por diante dos máis participantes nesta competición de clubes de 2ª.

Redacción - 18:54 21/04/2008

O equipo do Club Natación Coruña proclamouse esta fin de semana campión da Copa de España de Clubes de 2ª División que se desenvolveu en Castellón, sacándolle 12,5 puntos ao Covibar Rivas de Madrid e 6 ao Club Natación Elche.

Con este resultado o clube coruñés conseguiu ascender a Primeira División, onde vai competir a tempada que vén.

O domingo o equipo de 4X50 libres, formado por Carlota Pampín, Alba Franco, Sheila Blanco e Raquel Martínez, conseguiu, ademais, bater a mellor marca galega absoluta.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: