Chámase Eva. Leva o cabelo curto, roupa deportiva, dá clases de matemáticas e está especializada na atención personalizada.
Eva
Dista moito de ser unha mestra como o resto. Eva é un personaxe virtual: máis que un simple programa informático, é un avatar moi perfeccionado capaz de detectar, grazas a unha webcam, as reaccións do seu alumno e de adaptar a súa pedagoxía.
Concibido para as clases de escola primaria polo laboratorio do doutor Abdolhossein Sarrafzadeh, investigador na universidade de Massey, Auckland (Nova Celandia), este sistema de "títoría emocional" (Emocional Tutoring System, ATS) funciona grazas a unha base de datos de perto de 3.000 vídeos, realizadas perante tres profesores impartindo os seus cursos a alumnos de 8 e 9 anos, dos que foron descifrados cuidadosamente todo tipo de xestos, palabras e expresións.
O resultado: Eva pode saber se o seu alumno está perdido, anoxado ou angustiado ... e mesmo se fai trampas contando cos dedos. O profesor virtual reacciona en consecuencia dirixíndose ao alumno cunha voz humana, acompañada dun sorriso, dun xesto ou dunha actitude axeitados. Sen tomar decisións, reproduce o que faría un humano nunha mesma situación.