Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCERTOS EN INVERNADOIROS

Continúa a música para plantas no Marco

Todos os venres o museo vigués ofrece actuacións de grupos e solistas que actúan no interior dunha obra 'viva' de Peter Coffin.

Redacción - 10:30 19/04/2008

"O silencio é a música das plantas, pero non nos enganemos; o silencio ten moitos matices: dende o silencio máis absoluto ata o máis resoante, do máis escuro ao máis brillante, hai silencio natural e artificial (...) O concerto para plantas e electrónica será unha homenaxe ao reino vexetal e aos seus diferentes ámbitos; trátase dunha serie de estampas ou ambientes sonoros creados a partir de dispositivos electrónicos e en total complicidade coas plantas". Así definía David Vascónez o concerto que ofeceu este venres no Marco de Vigo, dentro do ciclo de Música para plantas que o museo está a ofrecer esta primavera.

En paralelo á exposición 'Paraísos indómitos', o Marco ofrece a obra Sen título (Greenhouse), realizada por Peter Coffin en 2002. Trátase dun invernadoiro no que crecen plantas, e dentro do que se realizan concertos de música. Dende marzo, todos os venres artistas e grupos como Ectoplasma ou 2uS (dous) están ofrecendo a súa música entre os habitantes do invernadoiro, música con raíces.

Despois do concerto de Vascónez, aínda quedan por diante catro actuacións:

  • Venres 25 abril. Gaiteiro e Zanfoña. Tradicional galega. Evaristo Alejos ‘Alex' (gaita) e Luis Correa ‘O Caruncho' (zanfona e percusión)
  • Venres 2 de maio. Nicasio Gradaille. Clavicordio
  • Venres 9 de maio. Ramón Bermejo e Pablo Seoane. Voz e piano a ritmo brasileiro
  • Venres 16 maio / Concerto Clausura. Ensemble-s21. Jorge Montes (violín), Carlos García Amigo (violonchelo), Vicente López Puig (clarinete).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: