Un total de 74 músicos noveis de Galiza e do Norte de Portugal participan este sábado na final do certame.
Vilagarcía acolle este sábado a final da I Mostra Musical Eixo Atlántico, onde un total de 74 participantes da eurorrexión se disputan o primeiro posto deste concurso de músicos noveis cun repertorio amplo e variado que, segundo indican os organizadores, incluirá dende pezas clásicas de Beethoven, Haydn ou Bach, até cancións de Jazz".
Na competición participan un total de 12 formacións musicais, seis galegas e seis portuguesas, ademais de outros catro candidatos que se presentan en calidade de solistas. Os clasificados, formados por un grupo de mozos intérpretes, estudantes de conservatorios e de escolas municipais de música, lograron o seu paso á final tras unha competición celebrada na Coruña o 1 de marzo.