Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN LIÑA

Dispoñíbel o primeiro borrador da teoría da evolución de Darwin

A web que recolle a documentación sobre a vida e a obra do científico británico incorpora novo material este xoves.

Redacción - 12:52 17/04/2008

Darwin Online, a web da Universidade de Cambridge que recolle documentos do naturalista británico Charles Darwin, conta dende este xoves co borrador orixinal da súa teoría da evolución. Na páxina pódense consultar de balde uns 20.000 artigos e 90.000 imaxes relacionados coa vida e a obra do científico.

Darwin publicou en 1859 A orixe das especies, o seu libro máis coñecido, seguido d'A orixe do home, publicado en 1871, e no que aplica a súa teoría da evolución ao ser humano. Agora, unha gran parte do seu legado, incluídas fotografías del e da súa familia, recortes de prensa, críticas dos seus libros e mesmo un libro de cociña escrito pola súa muller, Emma Darwin, están dispoñíbeis para a súa libre consulta.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: