Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O BNG gobernaba co apoio do PPdeG

O PSdeG recupera a alcaldía de Corcubión despois dun polémico pleno

Os socialistas aproveitan a renuncia do rexedor nacionalista por unha enfermidade, para coller o bastón de mando.

Redacción - 23:45 16/04/2008

O Concello de Corcubión continúa a súa particular evolución política cun pleno extraordinario onde cada unha das tres formacións políticas con representación votou o seu propio candidato. Deste xeito, o PSdeG fixo valer a ducia de papeletas que o convertiran no grupo máis votado en 2007, por riba do Bloque, e volve conseguir así a alcaldía.

Os socialistas xa gobernaran entre 2003 e 2007 grazas ao apoio dunha formación independente cuxos integrantes acudiron aos últimos comicios locais dentro das listas do PSdeG. Anteriormente, a política local estivera protagonizada por Rafael Mouzo Lago, quen foi alcalde da vila desde a chegada da democracia, integrado no BNG desde a súa creación.

Despois das eleccións de 2007, Mouzo conseguiu recuncar no cargo co apoio da única concelleira do PP, e logo de saír das urnas con empate cos socialistas, catro concelleiros para cada formación. Malia que todo apuntaba en principio a que o concelleiro nacionalista Óscar Ínsua se convertería en novo rexedor de Corcubión, despois de que Mouzo tivese que deixar o asento no Concello por problemas de saúde, paradoxalmente o proceso resólvese agora con cambio no poder apenas dez meses despois das eleccións. Así, o socialista Francisco Xavier Lema é desde a noite deste mércores o novo alcalde de Corcubión.


2,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: