Os dous atletas, que corren en clubes de fóra de Galiza, participaron nun campionato pasado por auga.
Podio masculino (Nimo, no centro)
O domingo, con auga e frío, disputouse en Balaídos o Campionato Galego de 10.000 metros que foi gañado, en categoría masculina, polo santiagués Pedro Nimo; e por María Xesús Gestido en feminina.
A mañá comezou coa carreira feminina, con só catro participantes e onde saía, xa de clara favorita Gestido, cousa que se notou dende o disparo que daba comezo á proba. Na meta entrou con vantaxe, seguida de Sara Pérez (Atletismo Femenino Celta), de Margarita Pérez (Ria Ferrol-Concepción Arenal) e de Mª Soledad Castro (Comesaña Sporting Club).
Nimo volve impoñer o seu ritmo
Na carreira masculina Pedro Nimo saíu a un ritmo de 2,26,7 nos primeiros 1.000 metros, co que se interpretou que o único obxectivo do compostelán era ser o campión galego de 2008.
Nimo entrou de primeiro, seguido de Carlos Villamar (Camargo-Salgar) e de Óscar Piñeiro (Ourense- Academia Postal), que entraba terciero despois do abandono de Manuel Vigo. De cuarto entrou Fausto Hernanz (Ourense-Academia Postal), seguido de Víctor Álvarez (Comesaña Sporting Club), Manuel Vieites (Ourense- Academia Postal), José Antonio Paz (Ourense-Academia Postal) e Xosé Luis Otero (CD Universidade Santiago).