A esquerda da Fronte Amplia Progresista mobilízase contra o intento privatizador no ámbito petroleiro.
López Obrador, do PRD
"Non imos prestarnos a un debate simulado, lexitimador e que obrigue a nosa organización a estender un cheque en branco", declarou para a BBC un dos voceiros da Fronte Amplia Progresista, FAP, integrada por representantes do PRD, PT e Convergencia.
Os deputados destes grupos comezaron este domingo un peche nas cámaras mexicanas en protesta polo que consideran que é unha reforma que levará á privatización da empresa estatal de petróleos mexicana, a PEMEX. Da outra banda, os grupos parlamentarios que avalan o proceso, PAN, PRI e PVEM propuxeron unha serie de foros de debate arredor desta reforma enerxética. A suxestión foi de momento rexeitada.
Para ampliar: