 
 
O Sindicato de Xornalistas recorda as medidas "simples e eficaces" que poderían aplicarse contra a precariedade. Tamén denunciarán a entrega de subvencións polo galego a empresas que incumpren a lei.
Os medios de comunicación que demostren que crean emprego estábel poderían recibir "máis puntuación nas convocatorias de subvencións". "Trátase dunha fórmula simple e eficaz, que se aplica con éxito en multitude de sectores que reciben cartos públicos", propoñen desde o Sindicato de Xornalistas de Galicia, SXG.   
  
  Desde o colectivo consideran que este é un exemplo facilmente aplicábel pola administración e instan á Xunta a que tome a iniciativa despois de admitir "oficialmente e por primeira vez" a existencia do problema.  
  
  No que respecta en concreto ao outorgamento de subvencións polo uso da lingua, o SXG advirte de que denunciará a entrega a empresas que non cumpren o estipulado. Recordan por por exemplo que as normas estabelecidas obrigan aos medios escritos a respectar a lingua das fontes nas citas textuais, requirimento reiteradamente incumprido, segundo denunciou este mesmo luns no Parlamento a deputada Modesta Riobó, do BNG.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto