Ocorreu nos Estados Unidos. Un vendedor de coches sufre un roubo no seu establecemento e acode á policía a denunciar os feitos. Pero non queda aí. Aproveita unha das páxinas web máis coñecidas entre os afeccionados ó mundo do motor e fai unha nova denuncia, esta vez ante a sociedade de usuarios.
Os ladróns xa teñen un novo inimigo
Así póñense en marcha as dúas maquinarias, a xudicial e a electrónica. De boca en boca, ou de ordenador en ordenador, os diversos usuarios de varias webs e redes sociais van reconstruíndo os feitos e facendo un seguimento do percorrido do vehículo.Con datos de Google Maps, de Facebook e doutras redes, séguese a pista do presunto ladrón ata que 48 horas despois da desaparición do vehículo, o sospeitoso é detido e o coche recuperado. Unha vez máis, a gran Rede amosa ata onde chegan os seus tecidos virtuais.
FWWWRANDO