A atleta luguesa foi terceira en Róterdam, facendo o percorrido todo en 2 horas e 29 minutos, o que lle puxo directamente no peto o pasaporte para Beixín 2008.
Sandra Aguilar
A atleta luguesa probaba, por primeira vez, nun maratón e conseguiu case todos os seus obxectivos: unha medalla (de bronce); o podio; e unha marca importante (2 horas, 29 minutos, tres minutos menos dos que se lle pedían como marca olímpica), o que lle confire o pase directo para Beixín 2008.
Sandra Aguilar (Lugo, 1978), aproveitou toda a tempada invernal o cross, na que compite, para se dedicar a preparar o maratón, aumentando as series e os quilómetros para adaptarse a esta disciplina, nova para ela.
A marca que conseguiu en Holanda está moi por riba do que agardaban atleta e o seu adestrador, Fernando Lozano, aos que lles chegaba con 2 horas 31 minutos para conseguir o pase directo para Beixín. Aguilar, que xa fora excluída pola Federación Española do Mundial de Cross en 2006, ten agora a oportunidade de desquitarse e ir á súa primeira Olimpíada.