Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XVII PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO

Os libreiros premian a Luís Rei Núñez, Justo Beramendi e Xosé María Álvarez Cáccamo

Tamén foron galardoados a Libraría Trama, o IES de Sanxenxo, o Pen Clube e Faro de Vigo.

Redacción - 19:00 12/04/2008

Este sábado falláronse en Sanxenxo os XVII Premios Irmandade do Libro, convocados pola Federación de Libreiros de Galicia. O xurado acordou premiar as seguintes entidade e persoas en cada modalidade:

-Libro do ano 2007
: 'O Señor Lugrís e a Negra Sombra' de Luis Rei Núñez (publicado en Xerais)

-Obra Editorial 2007: ' De provincia a nación. Historia do galeguismo político', de Justo Beramendi (Xerais).

-Autor: Xosé María Álvarez Cáccamo

-Libraría
: Libraría Trama de Lugo

-Medios de Comunicación e Novas Tecnoloxías
: Suplementos culturais e pedagóxicos de Faro de Vigo.

-Centros de Ensino: IES de Sanxenxo (tamén houbo accésits para o CEIP Emilia Pardo Bazán, de Vigo; e para o IES Álvaro Cunqueiro da mesma cidade.

-Institucións: PEN Clube de Galicia.

O xurado estivo composto por Xaime Carlos Corral (presidente da Federación de Libreiros de Galicia), Xurxo Patiño (Secretario da mesma entidade); María Xesús López Escudeiro (delegada da Consellaría de Cultura en Pontevedra); Inma López Silva (escritora e membro da Asociación de Críticos de Galicia); Luciano Rodríguez (profesor da UDC); Isabel Blanco (bibliotecaria); e Rafael Silva (libreiro).


3,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: